Fene hoxe

Inicio   Fene hoxe
09-07-2018

Circo Chosco inaugura o Ciclo “Día de Galicia” co seu espectáculo de novo circo a pé de rúa

A compañía Circo Chosco, co seu espectáculo “Forzu2”, inaugurará esta noite o ciclo “Día de Galicia” que promove o Concello de Fene para conmemorar tan sinalada data. A actuación, que se desenvolverá na praza do Alcalde Ramón Souto González, dará comezo ás 22 horas.
04-05-2018

Fene homenaxea este sábado ás lavandeiras de Sillobre recreando o seu sacrificado traballo

Fene celebrará este sábado, 5 de maio, a quinta edición do Encontro das Lavandeiras de Sillobre. Unha auténtica homenaxe ás veciñas que realizaban este sacrificado traballo.
22-03-2018

Horario especial da Casa da Cultura de Fene durante a Semana Santa

A Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” e Museo do Humor, por mor da Semana Santa.
13-03-2018

Avance da programación da Concellería de Cultura de Fene para a primavera-verán 2018

Oswaldo Digón, Paco Cerdeira, Bellón&Maceiras e María Larraitz, son algúns dos artistas que pasarán pola Casa da Cultura de Fene esta primavera, segundo adianta a Concellería de Cultura de Fene. O departamento que dirixe o edil Justo Ardá anuncia tamén as actividades e espectáculos previstos para o Ciclo do Día da Patria Galega que terá lugar no mes de xullo e polo que pasarán este ano Circo Chosco, Nautilus Band, Ith e Sés.
08-02-2018

A Casa da Cultura de Fene abrirá só en horario de mañá o luns e o martes de Entroido

A Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” e Museo do Humor, por mor da celebración do Entroido.
21-12-2017

Presentación Proxecto "Fene, mar vivo"

Desde o Concello de Fene e a Confraría de Barallobre, coa colaboración do Galp Golfo Ártabro Norte, vén de presentarse na Casa do Concello este proxecto que pretende poñer en valor o noso concello como un destino no que SEMPRE HAI ALGO QUE VER, por iso un dos obxectivos principais é crear unha Rede de colaboración entre as empresas ligadas ao turismo e as moitas entidades que no noso concello organizar algún tipo de actividade de lecer ao longo do ano
19-12-2017

"Cerámicas Pérez Porto" na Casa da Cultura

A  mostra incluirá esculturas, pezas torneadas, cadros cerámicos, debuxos, acuarelas, proxectos e fotografías de monumentos realizados polo ceramista fenés.
18-12-2017

Acto de presentación do proxecto Fene Mar Vivo

O Concello de Fene e a Confraría de pescadores de Barallobre comprácense en convidar a todas as persoas interesadas ao acto de presentación do proxecto Fene Mar Vivo, que terá lugar no salón de Plenos da Casa do Concello o mércores, 20 de decembro, ás 17:00 h.
13-12-2017

Chega a Fene a exposición "Galicia-Cabo Verde: unha irmandade" do fotógrafo ferrolán Rober Amado

A mostra reflicte varios proxectos desenvolvidos no arquipélago polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
12-12-2017

V San Silvestre Concello de Fene

Carreira inlcuída do Circuito da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverá polas rúas do termo municipal a partir das 17.00 horas o sábado 30 de decembro de 2017.
1 2 3 4 56 7 8 >>