Xestións municipais

Concertos fiscais e bonificacións

Os clubs e entidades deportivas federadas con domicilio en Fene que utilicen os Pavillóns Polideportivos do Ramo e San Valentín así como a piscina municipal de Centieiras ou o campo de Fútbol municipal dos Pinares, pagarán as tarifas establecidas no artigo 6.1.1: sempre e cando se trate de usos para a práctica deportiva para os que están federados.

Alta no Padrón Municipal de Habitantes

A alta no Padrón Municipal de Habitantes é a tramitación necesaria para a inscrición no Padrón Municipal de Habitantes de Fene

Certificacións de empadroamento colectivo

Certificación que acredita as persoas inscritas nun domicilio tal e como consta na actualiade no Padrón de Municipal de Habitantes de Fene.

Certificacións de empadroamento individual

Certificado que acredita os datos personais e o domicilio, dunha persoa tal e como consta inscrita na actualidade no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Modificación de datos no Padrón Municipal de Habitantes

Modificación dos datos referidos a nome, enderezo, data de nacimiento e estudios que aparecen recollidos no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Volante de empadroamento colectivo

Xustificante que acredita o empadroamento dunha ou diversas persoas nun enderezo tal e como consta na actualidade no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Volante de empadroamento individual

Xustificante que acredita o empadronamento de unha persoa tal e como consta actualmente no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Altas, baixas e modificacións censais

O contribuínte poderá solicitar a alta, a baixa, ou a modificación dos datos dos padróns municipais das taxas pola recollida de lixo, pola prestación de servizos no cemiterio municipal, e por entradas de vehículos a través de beirarúas (pasaxes permanentes).

Presentación aval bancario

Toda persoa física ou xurídica que deba constituir un aval bancario ante o Concello de Fene deberá presentalo no Rexistro Xeral do Concello.

Solicitude Servizo Asistencia no Fogar

Trátase dunha das prestacións básicas dos Servizos Sociais de Atención Primaria e utilizada como un instrumento de intervención social e/ou un recurso social para a cobertura de determinadas necesidades sociais.

Celebración do matrimonio civil

En primeiro lugar débese reservar día, hora e sitio para a celebración do matrimonio. Para iso, hai que  reservar a data e posteriormente rexistrar toda a documentación, segundo modelos aquí achegados, no Rexistro Xeral.