Portelo único

De conformidade co establecido no Convenio de Colaboración vixente entre a Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia e a FEGAMP de data 15 de febreiro do 1996, ó que este Concello está adherido, e ó abeiro do cal, mediante a Orde de 29 de novembro de 2000 (DOG núm. 232 do 30 de novembro de 2000), disponse o comezo da actividade administrativa deste concello a efectos de rexistro xeral para a documentación dirixida á Xunta de Galicia.

Todos as veciñas e veciños que o desexen poden rexistrar neste Concello, escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera órgano da Administración Autonómica de Galicia, cos efectos previstos no artigo 38.4º.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Acercando así a administración a todos os veciños e veciñas, evitando desprazamentos fora do concello, e establecéndose un único punto de información e rexistro no concello.

Máis información

[Casa do Concello]
Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n.
Teléfono: 981 492 707 Ext.: 205 / Fax: 981 492 788 / Email: estadistica@fene.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 8:30 a 14:00 horas.

Ligazóns