Novas

23-08-2019 -

O Concello de Fene acondiciona o camiño de Piñeiro Manso, en Maniños

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de acondicionamento do camiño de Piñeiro Manso, na parroquia de Maniños, tras un investimento municipal de 21.866,39 euros procedentes do superávit municipal.
Os traballos estendéronse ao longo de 342 metros dende a estrada AC-133 ata o cruce coa estrada da Ribeira, e contemplaron o rebacheo do vial, a súa pavimentación e sinalización.
23-08-2019 -

O Concello conclúe as obras de reforma integral do parque A Hortiña, en Limodre

O alcalde, Gumersindo Galego, informou do remate das obras de reforma integral do parque A Hortiña, na parroquia de Limodre. Unha intervención que contou cun orzamento de 47.882,27 euros e contemplou actuacións de mellora na zona de xogos, na de barbacoa e picnic,e no palco.
23-08-2019 -

O Concello conclúe a pavimentación de tres camiños municipais no Penedo, na parroquia de Barallobre

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de pavimentación de tres camiños municipais no Penedo, na parroquia de Barallobre. Máis concretamente, a rúa Casal do Sandulfe, a Rúa Monte da Cancela e a rúa Casal Pereira. A intervención requeriu no seu conxunto 45.899,99 euros e financiouse con cargo ao superávit municipal.
21-08-2019 -

O Concello clausura as escolas deportivas de verán de tenis e kaiak

O alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Deportes, Tamara Miragaya, participarán na clausura das escolas deportivas de verán de tenis e kaiak, nos que tomaron parte máis de 80 rapaces e rapazas.
21-08-2019 -

O alcalde recepciona o novo vehículo de atestados e con oficina móbil adquirido polo Concello para a Policía Local

O alcalde, Gumersindo Galego, vén de recepcionar o novo vehículo de atestados e oficina móbil adquirido polo Concello para a Policía Local de Fene. O vehículo requeriu dun investimento de 46.627,57 euros e, na práctica, permitirá aos axentes elaborar in situ os atestados, ofrecendo unha mellor atención á veciñanza e facilitando o traballo que realizan a pé de rúa, axilizando a tramitación.
20-08-2019 -

O Concello conclúe as obras de acondicionamento das rúas Peirao e Hortelá

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de acondicionamento das rúas Peirao e Hortelá, na parroquia de Perlío. Explicou que nas mesmas investíronse un total de 62.590 euros, que se financiaron con cargo ao POS+ 2018 da Deputación provincial.
19-08-2019 -

Dispoñibles os Dvd´s do campus lingüístico Verán Máis Alá

A partir de hoxe, luns 19 de agosto, xa están dispoñibles os Dvd´s do campus lingüístico Verán Máis Alá, que poderán recollerse de balde no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais 44, entresollado) de luns a venres en horario de 09,30 a 13,30 horas.

O DVD contén unha escolma de fotos e vídeos dos/as participantes nas distintas actividades realizadas ao longo do pasado mes de xullo, nas instalacións do CEIP Centieiras, piscina municipal e distintos exteriores.
14-08-2019 -

Homenaxe a Ramón Souto González, último alcalde fenés da República

O Concello de Fene celebrará este venres 16 de agosto, a partir das 19 horas, un acto de homenaxe e lembranza a Ramón Souto González, o último alcalde da República en Fene, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936. O acto terá lugar na antiga praza da casa consistorial, hoxe bautizada co nome do ex alcalde en recoñecemento e memoria da súa figura.

No acto, aberto á participación de toda a veciñanza, tomarán a palabra o xornalista fenés Ramón Loureiro e o senador ferrolá Julio Barros Casal. O acto pecharase cunha actuación musical.
13-08-2019 -

O Concello de Fene executa a reforma dos vestiarios do campo de fútbol dos Pinares

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, avanzou esta mañá que o campo de fútbol dos Pinares, en Perlío, contará cun vestiario para mulleres, aseos accesibles e uns vestiarios renovados e sen humidades. Será unha vez conclúan as obras necesarias, na actualidade en execución, cun investimento de 39.914,87 euros que o Concello financia con cargo ao superávit.
09-08-2019 -

Conclúen as obras de acondicionamento do Camiño da Lameira, en Maniños

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá da conclusión das obras de acondicionamento do Camiño da Lameira, no tramo entre Piqueiro e Vrea, na parroquia de Maniños. A actuación, segundo explicou o rexidor, contou cun orzamento de 24.767,09 euros e financiouse con cargo ao superávit municipal.
As obras contemplaron a limpeza de cunetas e a pavimentación do camiño ao longo de 403 metros, así como tarefas de sinalización.