Novas

29-05-2015 -

O Concello reedita o programa de conciliación da vida familiar e laboral "Verán máis alá"

O programa celebrarase do 1 ao 31 de xullo e está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2003 e 2011
28-05-2015 -

Exhibición dos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais no pavillón da Xunqueira

O pavillón polideportivo municipal da Xunqueira, en San Valentín, acollerá este sábado, 30 de maio, unha multitudinaria exhibición dos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais. Un acto co que o Concello clausura as actividades deste curso. Dará comezo ás 11 horas con entrada libre.
27-05-2015 -

Concerto de guitarra e piano este venres para clausurar as Escolas Municipais de Música

O acto, con entrada libre, terá lugar na Casa da Cultura ás 17 horasO Concello de Fene entregará os premios do V Concurso de Microrrelatos o próximo luns, tamén na Casa da Cultura, a partires das 19 horas
27-05-2015 -

Pequenas crianzas coa arte

Os alumnos de un a tres anos da Escola Infantil amosan a súa arte na Casa da CulturaVeciños e visitantes poden visitar a exposición, que leva por título “Pequenas crianzas coa arte”, dende este mesmo mércores e ata o próximo 12 de xuño
26-05-2015 -

O Concello de Fene celebra esta semana novas sesións de Espazos Familiares

Desenvolveranse mércores no IES de Fene e xoves no CPI A Xunqueira, abertas á veciñanza en xeral, e con participación gratuíta.
A Deputación provincial da Coruña colabora con esta iniciativa, incluída no proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos” do Concello.
25-05-2015 -

Eleccións municipais 2015

Resultados das eleccións municipais 2015 no concello de Fene, onde a participación foi do 59,50%; a abstención foi o 40,50%; os votos nulos 1,65 % e os votos en branco, 2,56%.
25-05-2015 -

Paula Cutrín, Diego Rey, Tatiana Luaces e David Lamas, gañadores do V Concurso de Microrrelatos Concello de Fene

O acto de entrega celebrarase o 1 de xuño ás 19 horas na Casa da Cultura.O Concello editará en papel e formato dixital todos os traballos presentados.
25-05-2015 -

O Concello celebra unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes

Terá lugar mañá, con entrada libre e baixo o título “O coidador precisa ser empático”
21-05-2015 -

O Concello de Fene entrega a recadación da carreira 10K a Arraigo

O alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Deportes e Cultura, Rocío Bértoa, fixeron entrega do cheque á presidenta da asociación, Carmen Rey
21-05-2015 -

Nombramiento funcionaria interina e aprobación lista substitucións

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento da funcionaria interina  praza bibliotecaria/arquiveira.