Novas

14-11-2017

O Concello de Fene clausura o obradoiro de creación literaria "A Grafía da Emoción"

O acto de clausura da actividade A Grafía da Emoción terá lugar este xoves 16 de novembro ás 18.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene. Repartiranse entre os asistente exemplares da publicación “Voces do Obradoiro” cunha compilación dos poemas elaborados nas distintas sesións do taller.  
13-11-2017

O poeta Carlos Lixó gañador do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

O libro Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre, do poeta Carlos Lixó Gómez, obra gañadora na XXX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
23-10-2017

As Parábolas de Pakolas na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal de Fene Xosemaría Pérez Parallé conmemorará mañá martes 24 de outubro o Día das Bibliotecas coas Parábolas de Pakolas. A actividade dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos desenvolverase na Biblioteca municipal ás 18.00 h con entrada de balde até completar aforo.
18-10-2017

A familia do poeta Xosemaría Pérez Parallé realiza unha importante doazón ao Concello de Fene

A idea da familia e do actual equipo de goberno de Fene é que con este material se poida crear na biblioteca municipal Pérez Parallé de Fene  un recuncho para a lembranza do poeta.
16-10-2017

Percubebé na Biblioteca Municipal de Fene

O martes 17 de outubro, de 18.30 h a 19.15 h, a Biblioteca Municipal acolle Percubebé, actividade dirixida a nenos/as de 0 a 4 anos.
16-10-2017

Exposición dos traballos do IV Certame de Creación artística En Galego? É o noso!

Os traballos do concurso escolar que o Concello de Fene organiza anualmente ao redor da celebración do Día das Letras Galegas están expostos dende hoxe na Casa da Cultura de Fene
06-10-2017

A Biblioteca de Fene anima ás crianzas a participar nos xogos do Paporrubio

“O Paporrubio” primeira das actividades que organiza a Biblioteca Municipal de Fene para este outono. A cita na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, o martes 10 de outubro, de 17.30 a 19.30 horas.
05-10-2017

O Museo do Humor de Fene amosa os debuxos dos Premios Curuxa 2017

A exposición permanecerá aberta ao público do 9 de outubro ao 30 de novembro.
04-10-2017

A veciñanza da comarca pode apuntarse dende o xoves 5 de outubro ás escolas culturais

O  horario de atención ao público para o  xoves 5 de outubro será de 8.30 a 14.00 horas e de de 16.30 a 19.00 horas no Pavillón Municipal A Xunqueira.
04-10-2017

A biblioteca municipal pechará ao público o vindeiro luns 9 de outubro

A implantación dun sistema de xestión bibliotecaria, o programa KOHA, é o motivo pola que a Biblioteca Municipal permanecerá pechada ao público para levar adiante tarefas de traballo interno e de volcado de datos.
12 3 4 5 6 7 8 9 10 >>