Deporte

Novas

  • 62 equipos procedentes de toda España participarán en Fene na segunda fase da IV Liga Ibérica de Ximnasia Artística

    O pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, albergará esta fin de semana a IV Liga Ibérica de Ximnasia Artística. Tomarán parte un total de 62 equipos procedentes de toda España –de comunidades como Madrid, Cataluña, Euskadi, Valencia, Castela e León, Illas Baleares e Galicia-. No seu conxunto, reuniranse uns 500 deportistas.
    A cita deportiva celebrarase sábado e domingo e as categorías nas que participarán os equipos son as seguintes: a división B, cun total de 17 equipos e con representación local a través do Club Ximnasia Ferrolterra, terá lugar o sábado de 9 a 14,10 horas. A entrega de trofeos está prevista ao remate. De tarde, entre as 16 e as 21,30 horas será a quenda da división kids, con 18 equipos e tamén representación do Club Ximnasia Ferrolterra.

  • Peche das instalacións deportivas municipais descubertas e cancelación dos adestramentos ao aire libre

    A Axencia estatal de meteoroloxía e  Meteogalicia informan para esta xornada dun fenómeno adverso de nivel laranxa por ventos, que pode afectar a noso concello dende ás 10 h. do día de hoxe, luns 20 de xaneiro, até as primeiras horas do día 22 de xaneiro.

    Perante esta situación, o Concello de Fene anuncia o peche das INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DESCUBERTAS MUNICIPAIS  DURANTE A TARDE DE HOXE DÍA 20, E A XORNADA DE MAÑÁ 21 DE XANEIRO polo que se deberán  cancelar os posibles adestramentos  previstos.

  • Unhas 200 nenas e nenos tomaron parte en Fene na Exhibición do Club de Ximnasia Artística Ferrolterra

    O pavillón de San Valentín acolleu o pasado sábado a tradicional Exhibición de Nadal do Club de Ximnasia Artística Ferrolterra, despois de que tivese que ser aprazada por mor do temporal. O festival, no que as/os ximnastas do clube amosaron o aprendido nestes meses, artellouse a modo de Xogos Olímpicos. Así, cada un dos dez grupos que conforman o clube representaba a un país e un deporte... realizando exercizos de ximnasia artística nos distintos aparellos: chan, barra, paralelas e salto.

Ver máis