Convocatorias

11-10-2017

Aberto o prazo de solicitude das subvencións nominativas

As entidades teñen até o 25 de outubro para presentar a solicitude de subvención nominativa, anualidade de 2017.
26-09-2017

Subvencións para o bonobús de estudantes universitarios/as 2017/2018

Publicado no BOP do 26 de setembro a convocatoria de subvencións para o bonobús de estudantes universitarios/as 2017/2018. 
13-09-2017

Inscricións escolas Culturais 17/18

A inscrición formalizarase do luns 2 ao venres 6 de outubro. Os días 2, 3 e 4 de outubro poderán anotarse as persoas residentes en Fene e o 5 e 6 de outubro, a poboación en xeral.
01-06-2017

Inscricións Verán máis alá 2017

Baixo o lema “Ímonos de viaxe!” volve un ano máis o programa de conciliación da vida laboral familiar “Verán máis alá”, dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2005 e 2013 (idades de referencia, de 3 a 12 anos).
16-02-2017

Convocatoria do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”

A Alcaldía, mediante resolución núm. 171 do 14 de febreiro de 2017, procedeu á aprobación das bases da convocatoria do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”.