Comisións informativas

A creación e composición destas comisións informativas aprobouse polo Pleno do Concello na sesión extraordinaria do 11 de xullo de 2019

As Comisións informativas terán as competencias que sinala o artigo 20.1 c) da Lei 7/1985 de 2 de abril e 51 do Regulamento orgánico municipal e ditaminarán sobre as materias e asuntos relacionados coas materias asignadas a cada área na Resolución da Alcaldía 804/2015.

Comisións Informativas Permanentes

  • I Comisión informativa de Desenvolvemento Territorial e do Medio
  • II Comisión informativa de Organización e Seguridade
  • III Comisión informativa de Dinaminación Social e Transparencia
  • IV Comisión informativa de Dinamización Económica


No caso de que algún asunto non teña un encaixe claro nalgunha comisión en función das materias que teña asignadas, tratarase na Comisión Informativa de Organización e Seguridade.

Composición

As Comisións Informativas estarán compostas por (ademais do alcalde-presidente, membro nato das comisións ex lege, sen prexuízo de que delegue nalgún do/as concelleiro/as que pertenzan á comisión, a proposta feita no seu seo):


- Tres (3) representantes do Grupo político do Partido Popular do Concello de Fene
- Tres (3) representantes do Grupo político do Bloque Nacionalista Galego
- Dous (2) representantes do Grupo político Socialista do PSdeG-PSOE de Fene
- Un (1) representante do Grupo mixto
- A Comisión Especial de Contas estará formada polos membros da Comisión Informativa de Dinamización Económica


As Comisións informativas permanentes celebrarán sesión ordinaria con periodicidade mensual nas datas e horas que respectivamente se establece:

I Comisión informativa de Dinamización Económica: o luns da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 9.00 horas.
II Comisión informativa de Organización e Seguridade: o luns da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 11.00 horas.

III Comisión informativa de Desenvolvemento Territorial e do Medio: o martes da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 16.30 horas.
IV Comisión informativa de Dinamización Social e Transparencia: o martes da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 18.30 horas.
V A Comisión especial de contas reunirase cando sexa convocada pola Presidencia


VI As Comisións Informativas axustarán o seu funcionamento ao disposto nos artigos 53 e seguintes do Regulamento orgánico municipal.

Descargas