Benestar e igualdade

Novas

  • Conferencia da activista Amelia Tiganus este xoves na Casa da Cultura de Fene

    O salón de actos da Casa da Cultura de Fene será escenario este xoves 9 de xaneiro da charla “Prostitución e pornografía: violencia sexual e comercial”, a cargo da activista Amelia Tiganus. A charla dará comezo ás 18,30 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo. Así mesmo, nesa xornada e máis o venres 10, acudirá aos centros de Secundaria e Bacharelato de Fene: CPI A Xunqueira, IES de Fene e Colexio Jorge Juan, para impartir charlas ao alumnado sobre pornografía e sexualidade, aspectos que hoxe en día contribúen ao repunte da violencia sexual contra as mulleres, sobre todo na poboación adolescente.

  • A activista Amelia Tiganus ofrecerá en Fene a charla “Prostitución e pornografía: violencia sexual comercial”

    A activista Amelia Tiganus visitará a próxima semana Fene para ofrecer unha charla baixo o título “Prostitución e pornografía: violencia sexual comercial”. Será o xoves 9 de xaneiro a partir das 18 horas no salón de actos da Casa da Cultura con entrada libre ata completar aforo. Así mesmo, nesa xornada e máis o venres 10, acudirá aos centros de Secundaria e Bacharelato de Fene: CPI A Xunqueira, IES de Fene e Colexio Jorge Juan, para impartir charlas ao alumnado sobre pornografía e sexualidade, aspectos que hoxe en día contribúen ao repunte da violencia sexual contra as mulleres, sobre todo na poboación adolescente.

  • A Casa da Cultura de Fene acolle a “Mostra das Violencias Invisibles”

    A "Mostra das Violencias Invisibles" poderá visitarse na Casa da Cultura de Fene durante o mes de decembro. Unha exposición resultado do Obradoiro “A Saúde, unha Cuestión de Xénero”, que tivo lugar a semana pasada no Centro Municipal de Servizos Sociais, financiada pola Deputación de A Coruña no marco da Campaña "Machismos sen Miopías".

Ver máis