Áreas de Goberno

Resolución alcaldía 685/2019 de creación de áreas

Áreas ou sectores de actividade municipal nas que se estrutura o goberno local:

I Desenvolvemento territorial e do medio

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Urbanismo e vivenda: comprenderá a xestión das competencias municipais sobre ordenación do territorio e urbanismo, relativas a plans e instrumentos de ordenación
    urbanística (incluída a súa redacción), xestión urbanística, expropiacións por razóns do urbanismo, políticas municipais de dotación do solo para vivendas sociais, promoción de vivendas sociais, disciplina urbanística, licenzas, comunicacións previas e demais autorizacións.
  • Obras: comprenderá a preparación e xestión da planificación das obras municipais.
  • Servizos: comprende a xestión dos servicios básicos municipais, ciclo da auga, recollida de residuos, limpeza de vías públicas e infraestruturas urbanas(mobiliario urbano, redes de servizos.....), mantemento e conservación de parques, xardíns, zonas verdes, mantementode edificios e instalacións municipais e o control e seguimento das obras de xestión
    directa.
  • Cemiterio: comprende a xestión dos servizos funerarios do concello.
  • Medio ambiente: comprenderá a xestión de políticas municipais do medio ambiente, praias, ríos e ribeiras, deseño de novos espazos públicos, control de pragas, servizo de lacería, promoción da educación ambiental (redución do lixo, recollida selectiva, compostaxe…) e o Punto limpo.Corresponderá a esta subárea aquelas materiais que se poidan considerar de forma
    xenérica incluídas nesta área e non estean atribuídas especificamente ás outras subáreas

II Organización, Seguridade e Dinamización Económica

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Persoal: comprende a xestión dos recursos humanos, organización e réxime interior do concello, métodos de traballo, relacións cos representantes dos traballadores e arquivo municipal.
  • Contratación pública e coordinación da licitación: comprende a xestión dos procesos de licitación municipal
  • Formación e emprego: comprende as políticas municipais que garden relación coa promoción do emprego, inserción laboral, formación ocupacional e escolas obradoiros.
  • Seguridade: comprende a xestión da seguridade cidadá, control e ordenación do tráfico en vías urbanas, protección civil e policía local. Licenzas e Rexistro de animais perigosos.
  • Facenda e Patrimonio: comprende a xestión económica do concello, seguimento e control de investimentos, preparación dos orzamentos, xestión tributaria e recadación, política fiscal, preparación das ordenanzas fiscais, estatística e patrimonio municipal (inventario de bens, dereitos e obrigas; administración e defensa do patrimonio municipal, expropiación forzosa non urbanística).
  • Promoción económica: comprende as políticas municipais de dinamización e potenciación da vida económica local, industria, turismo e promoción dos valores turísticos
    do concello; relacións cos axentes locais na procura de políticas integrais de desenvolvemento e fomento de actividades económicas, promoción das novas tecnoloxías, promoción do comercio e xestión da mellora dos servizos municipais en favor da eficiencia enerxética e na utilización dos recursos públicos; feiras, mercados, abastos, lonxas e comercio ambulante.

III Dinaminación social e transparencia

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Cultura: comprende a xestión e programación das políticas municipais da cultura e das instalacións culturais, así como a normalización lingüística. Asociacionismo.
  • Xuventude: comprende a dinamización da OMIX e a xestión de políticas dirixidas á xuventude no eido do tempo libre e ocio.
  • Deportes: comprende a xestión e programación das políticas deportivas municipais. Instalacións deportivas.
  • Ensino: comprende a xestión e programación das relacións cos centros e coa comunidade educativa, o mantemento das instalacións educativas que sexan da competencia do
    concello e demais competencias municipais no eido da educación, agás as escolas infantís que estarán incluídas na subárea de benestar.
  • Participación e información cidadá, transparencia e comunicación: comprende a dinamización da páxina web, radio municipal, adaptación administrativa e impulso do uso das novas tecnoloxías; Consello de Participación Cidadá, o seu funcionamento e dinamización; posta en marcha da OMIC
  • Benestar Social: comprende as políticas municipais de prestación de servizos asistenciais aos cidadáns no eido da normativa de servizos sociais e as escolas infantís.
  • Igualdade: comprende as políticas de igualdade, menores, atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, política de inmigración,
    muller, conciliación da vida laboral e familiar, atención o maltrato familiar, muller e conciliación da vida laboral e familiar e programas de educación familiar.
Descargas