Adicacións parciais

Aprobadas as dedicacións no pleno extraordinario do 11.07.2019

Corresponde ó Pleno, a proposta do Presidente, e dentro da consignación global a tal fin contida no orzamento, determinar a relación de cargos da Corporación que poderán desenvolverse en réxime de adicación exclusiva e parcial e, polo tanto, con dereito a retribución, así como as contías que correspondan en atención ó seu grado de responsabilidade e adicación (art. 75.2 da LRBRL e 13.4 ROF).

 

 

No Pleno, en sesión extraordinaria do 11.07.2019, adoptou o seguinte acordo

“1.º. Fíxanse as seguintes dedicacións:

– Alcalde-presidente: dedicación exclusiva de 41.405,85 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesa contía nos meses de xuño e decembro.

– Concelleiro/a 1: dedicación parcial de 20.795,01 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 75% da xornada laboral. A deivindicación das pagas extraordinarias dos meses de xuño e decembro estarán suxeitas ás mesmas normas que as previstas para o persoal funcionario.

Por Resolución da Alcaldía 712/2019, do 12 de xullo, adoptouse o seguinte acordo:

1.–Determinar os seguintes membros da Corporación que exercerán as súas funcións con dedicación exclusiva:

– Alcalde-presidente: Gumersindo Pedro Galego Feal

2.–Determinar os seguintes membros da Corporación que exercerán as súas funcións con dedicación parcial: – Concelleiro/a 1: Rocío Aurora Bértoa Puente

Descargas