Fene cidadán

Saltar menú

< Patrimonio histórico


Igrexa de San Salvador

Fene | Arquitectura relixiosa


A igrexa parroquial de Fene é un edificio do século XVII, de estilo barroco, aínda que con moitas transformacións posteriores. Como a maioría dos templos do concello, trátase dunha construción de gran sinxeleza, con muros de carga de perpiaños graníticos que aparecen lucidos na súa maior parte e furados de ventás alongadas con vidreiras polícromas. Unicamente na fachada e nos linteis e as xambas aparece a pedra vista; nela atopamos a porta principal, decorada con orelleiras, un frontón partido e unha ventá rectangular. Elemento subliñable na fachada é tamén a torre-campanario, de planta cadrada, coa típica decoración de caixeado do Barroco e rematada con cúpula semiesférica.

O desenvolvemento da planta, moi irregular, é basicamente horizontal, destacando a nave central con bóveda de canón e arcos faixeiros. No interior existen ademais retablos de tipo
barroco e neoclásico, e interesantes exemplos de imaxinería. A cuberta, principalmente a dúas augas, é de tella.
Buscador

Índice A-Z

Igrexa de San Salvador

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información