Fene cidadán

Saltar menú

Convocatorias

CONCELLERÍA DE CULTURA, DEPORTE E XUVENTUDE

XXVI Campamento de Verán 2010

28/05/2010

XXVI Campamento de Verán 2010 na escola de verán Montemar, en Nigrán.

Onde faremos o campamento?

Na  Escola de verán Montemar que se atopa no concello de Nigrán, (Crtra. Vigo – Baiona), cunhas instalacións  onde se pode disfrutar tanto de praia (onde xogar e  practicar deportes náuticos) como de amplas zonas verdes e deportivas.

Quen pode inscribirse?

Os nados do 1995 ao 2000

Cando iremos?

Do 24 ao 31 de xullo.

Saída da Praza do Concello de Fene o día 24 ás 10:00 horas e chegada aproximada á Praza do Concello o día 31 ás 13:30 horas.

Que faremos?

Xogos (de presentación, na praia, nas zonas verdes),Deportes (baloncesto, fútbol, gynkanas), Obradoiros (elaboración dun blog, nudos mariñeiros,  abelorios, repostería,…), Actividades nocturnas   (discoteca, disfraces, contar historia de medo, recoñecemento das estrelas, festas de despedida, charlas diarias sobre as actividades do día), Excursións (ás illas Cíes, paseo por Baiona)

Reunión cos pais, nais ou responsábeis dos nenos e nenas inscritos.

Día  14 de xullo (mércores), ás 19:00 horas no salón de actos da  Casa do Concello.

Número de prazas: 42

Cotas:

Veciños do concello ou con pais/nais que traballen no Concello de Fene: 152,53 € (consideraranse residentes en Fene aos rapaces que teñan ao pai ou nai empadroado ou traballando neste Concello. Isto acreditarase mediante un certificado da empresa contratante ).

Para acreditar a condicición de veciñanza en Fene hai que achegar coa documentación un volante de empadroamento.

Para acreditar a condición de traballar en Fene, hai que achegar certificado do centro de traballo acreditando este extremo.

Rapaces de fóra do concello: 231,10 €

Unha vez entregada a ficha de inscrición e confirmado que ten praza, procederá a:

1.    Facer o pagamento da cota mediante ingreso na conta a nome do Concello de Fene: “XXVI Acampada de Verán (Nigrán - Baiona)” en Caixa Galicia O.P. Fene, nº de conta: 2091-0209-16-3040009274.

2.    Achegar xustificante deste ingreso nun prazo de cinco días hábiles. No caso de non achegar o xustificante do ingreso causará baixa na actividade.

Baixas e devolución de cotas: O concello devolverá a cota aos participantes que se dean de baixa unha vez inscritos, sempre e cando se formalice a renuncia de praza e a solicitude de devolución de cota  antes do remate do prazo de inscrición.



Notas para a cidadanía:

É PRECISO LEVAR

- Mochila pequena para as marchas e excursións.

- Bañadores e toalla de praia,

 - Cantimplora, lanterna

 - Chuvasqueiro

 - Tenis, roupa cómoda / deportiva (mínimo unha muda /día)

 - Útiles de aseo, toallas de aseo

 - Zapatillas de baño persoais.



Lugar de solicitude:

o    Lugar: Nas dependencias administrativas da Comisión de Cultura, Deportes e Xuventude (Avda. naturais, 44, entrechán dta.).Teléfono: 981 34 03 66

o    Prazo: Do 9 de xuño ao 9 de xullo. No caso de que non se cubran todas as prazas, o prazo continuará aberto ata 48 horas antes da reunión cos responsables dos nenos e nenas participantes.

o    As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada persoa poderá incribir como máximo de dúas prazas, agás no caso de irmáns, que de seren máis poderan ser inscritos pola mesma persoa.



En prazo de presentación: 09/06/2010 - 09/07/2010

Documentos relacionados

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información