Dixomedíxomes

Museo do Humor   Dixomedíxomes
02-11-2017

Os contos de Celso Fernández abren este venres ás 20 horas o ciclo de monólogos do Museo do Humor

A primeira sesión do "Novembro, mes do humor", organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña, estará chea de “contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea”, cun toque contemporáneo “para apalparlles que tamén son historias actuais e que non son pezas de museo”.  
31-10-2017

O Museo do Humor entrega este venres os "Premios Curuxa 2017"

Coa entrega dos premios “Curuxa do Humor 2017”, o Museo do Humor de Fene abrirá este venres un novo ciclo “Novembro, Mes do Humor”. As persoas que desexen asistir ao acto deberán recoller invitacións (2 por persoa) o mesmo venres a partir das 18.30 horas na conserxería da Casa da Cultura de Fene. 
10-10-2017

Exposicións dos premios "Curuxa 2017"

Corenta e cinco debuxos conforman a mostra de humor gráfico “Premios Curuxa 2017” que se pode ver durante os meses de outubro e novembro na sala de exposicións temporais do Museo do Humor de Fene.
13-09-2017

"Licenza para rir" no Museo do Humor de Fene

No marco da súa oferta cultural para o curso 2017/18, o Concello de Fene anuncia o IV Obradoiro "Licenza para rir" que se desenvolverá nas instalacións do Museo do Humor de Fene a partir do mes de outubro.
 
07-07-2017

Exposición do X Premio de Banda Deseñada "Castelao" no Museo do Humor de Fene

O martes 11 de xullo abre ao público a exposición do X Premio de Banda Deseñada "Castelao" (Deputación da Coruña). A mostra recolle os orixinais de “A carreta do diaño”, do debuxante Fernando Llorente, que gañou o certame.
 
06-07-2017

Últimos días para visitar en Fene a mostra de fotografía surrealista de Javier Gómez Sanz

A exposición incorporou nos últimos días novas pezas como a chamada "Tumba de Dios" que da nome ao conxunto

A exposición “Dios ha muerto. Sólo nos queda el humor”, de Javier Sanz, encara a súa recta final no Museo do Humor de Fene. O venres pecha ao público esta orixinal exposición do fotógrafo e escultor coruñés. 
26-06-2017

Borja Ramón López Cotelo gaña o premio Curuxa 2017 e Andrés Simal González a Curuxa nova

Os segundos premios recaeron en Andrés Meixide (CURUXA) e Andrés Garrido (Curuxa nova)

O xurado do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”, reunido esta mañá nas instalacións do Museo do Humor de Fene, ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as do certame na súa edición 2017
26-06-2017

O Museo do Humor abrirá ao público tres tardes á semana ao longo do verán

O Museo do Humor de Fene abrirá ao público todos os luns, mércores e venres, de 17.00 a 21.00 horas.
31-05-2017

Fin de Curso no Obradoiro "Licenza para Rir" do Museo do Humor de Fene

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá, entregaron onte á tarde os diplomas ás participantes no obradoiro Licenza para rir 16/17 que se desenvolveu no Museo do Humor de Fene dende o mes de outubro do pasado 2016 até finais deste mes de maio.
15-05-2017

Xogos, quebracabezas e obradoiros para conmemorar o "Día dos Museos" no Museo do Humor de Fene

O vindeiro xoves, 18 de maio, conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Museos, unha xornada coa que se pretende concienciar ao público en xeral sobre o importante papel dos museos no desenvolvemento da sociedade.
1 2 3 4 5 6 78 >>