Dixomedíxomes

Museo do Humor   Dixomedíxomes
10-10-2019

Exposición en rede dos traballos presentados aos Premios Curuxa

O Museo do Humor fenés acollerá ata o vindeiro 16 de novembro a mostra “Premios Curuxa”, que o Concello tamén pon a disposición do público a través da súa páxina web

O público pode visitar, por partida doble, a exposición “Premios Curuxa 2019”. Ben presencialmente, no Museo do Humor de Fene, ben a través da rede, na web do propio museo. No primeiro caso, a mostra estará a disposición da cidadanía ata o vindeiro 16 de novembro de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas. No segundo, é tan sinxelo como clickar no seguinte enlace
30-09-2019

Fene entrega os premios do XXIII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor

Asier Sanz Nieto, gañador do 1º premio Curuxa Gráfica, e Javier Jareño López Cuervo, 1º premio Curuxa Nova

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidiu o venres pola tarde o acto de entrega dos premios da XXIII edición do Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene. Uns galardóns que recaeron en Asier Sanz Nieto (1º premio Curuxa Gráfica categoría para maiores de 25 anos) e Javier Jareño López Cuervo (1º premio Curuxa Nova de 16 a 25 anos). Así mesmo, Sandra Lodi e Beatriz Rodríguez Gregores eran merecedoras do segundo premio na categoría Gráfica e Nova respectivamente.
27-09-2019

Entrega dos premios do XXIII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene

O humorista David Perdomo porá o broche de ouro coa súa actuación

O Museo do Humor de Fene acollerá este venres 27 de setembro o acto de entrega dos premios da XXIII edición do Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene. Un acto con entrada libre que dará comezo ás 19 horas coa recepción ós/ás gañadores/as do certame, continuará coa inauguración da exposición “Premios Curuxa 2019” e, sobre as 20 horas, arrancará a entrega formal dos galardóns, concluíndo coa actuación do humorista David Perdomo.
26-07-2019

Visita dos maiores da residencia de Laraxe ao Museo do Humor

Os maiores da Residencia Domus Vi Laraxe de Cabanas visitaron esta semana o Museo do Humor de Fene. Un centro singular e único en Galicia que na actualidade amosa ao redor de 300 orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo.
17-07-2019

Asier Sanz e Javier Jareño López, gañadores do XXIII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene

A entrega dos galardóns celebrarase o 27 de setembro coincidindo coa inauguración na Casa da Cultura da exposición dos Premios Curuxa 2019

Tras unhas deliberacións reñidas pola magnífica calidade dos traballos presentados, o xurado do XXIII concurso de humor gráfico Curuxa do Humor emitía este mediodía o seu fallo: Asier Sanz resultaba gañador do primeiro premio da Curuxa Gráfica (maiores de 25 anos) e Javier Jareño López Cuervo era galardoado co primeiro premio da Curuxa Nova (de 16 a 25 anos). Así mesmo, Sandra Lodi e Beatriz Rodríguez Gregores alzábanse co segundo premio nas categorías Gráfica e Nova respectivamente.
16-05-2019

Fene conmemora o Día dos Museos co espectáculo “Un show a cobro revertido”

Fene conmemorará o Día dos Museos co espectáculo “Un show a cobro revertido”, a cargo de Las niñas de la risa. Terá lugar este sábado, 18 de maio, ás 20 horas, no Museo do Humor. A entrada é libre ata completar aforo e a cita, que organiza o Concello, conta coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.
15-05-2019

A Casa da Cultura alberga a mostra do alumnado da Escola Infantil A Galiña Azul “Pequenas crianzas coa arte”

Poderá visitarse dende o 16 de maio e ata o día 30 do mesmo mes

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene inaugurará mañá xoves unha mostra moi especial baixo o título "Pequenas crianzas coa arte", do alumnado da Escola Infantil A Galiña Azul do municipio. Permanecerá ata o 30 de maio nas instalacións culturais e o horario de visitas será de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. Así mesmo, o xoves 23 de maio, todo o alumnado da Escola Infantil realizará unha visita á exposición da Casa da Cultura e á biblioteca. Será en horario de mañá.
30-04-2019

A pintora Carmen Prado trae a súa mostra “Novos PersonaXes” a Fene

A pintora Carmen Prado exporá a súa obra na Casa da Cultura de Fene. Este xoves ás 19 horas abrirase ao público, coa presenza da artista, a mostra de pintura “Novos PersonaXes”. E, a partir de entón, poderá visitarse ata o 14 de maio de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.
25-03-2019

O escultor Manuel Ángel Méndez Bellón cede unha das súas pezas ao Concello

O escultor Manuel Ángel Méndez Bellón vén de ceder ao Concello de Fene unha das súas obras, “Facendo números en tempos de crise”. O alcalde, Gumersindo Galego, recepcionaba a peza e agradecía a donación realizada polo artista que, durante o pasado mes de febreiro, expoñía a súa mostra “Galician Metal Retranca” na Casa da Cultura.
11-03-2019

A Casa da Cultura acolle a mostra “Pictografías” de Eduardo Hermida

A Casa da Cultura de Fene acolle a mostra de fotografía e pintura “Pictografías” do creador Eduardo Hermida. O pasado venres tiña lugar o acto oficial de inauguración coa presenza do artista e do alcalde, Gumersindo Galego, e dende entón pode visitarse de luns a venres de 10 a 13 h e de 16 a 21 h, e sábados de 10 a 13 h. Así será ata o vindeiro 27 de abril.
12 3 4 5 6 7 >>