Exposicións

Museo do Humor   Exposicións

Curuxas 2018

Mostra das obras presentadas aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2018. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: Fernando Iglesias Mouta, "Kohell" (1º premio Curuxa), Manuel Arriaga de León (2º premio Curuxa), Ana Martínez Fernández (1º premio Curuxa Nova) e Cristian Fojón Caruncho (2º premio Curuxa Nova). Tamén as dos finalistas: Alejandro Viñuela Agra e Beatriz Rodríguez Gregores (categoría Curuxa) e Miguel Bouzas Rodríguez, Helena Fernández Carou, Antón Agra García Malvar,  Marta Picallo Rodríguez e Antía González Arras (categoría Curuxa Nova).
 

Curuxas 2017

Selección dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2017. Aínda que a exposición consta de 45 debuxos, salientan as obras dos artistas galardoados este ano: Borja Ramón López Cotelo, “El primo Ramón” (1º premio na categoría Curuxa),  Andrés Meixide Gayoso (2º premio na categoría Curuxa),  Andrés Simal González (1º premio na categoría Curuxa Nova) e Andrés Garrido Martín (2º premio na categoría Curuxa Nova). 

Humor do país, de Luís Davila (2016)

Corenta e cinco paneis, 200 tiras cómicas, 30 orixinais e diversas figuras a grande formato conformaron a exposición “O humor do país”, mostra organizada polo Museo do Humor de Fene para achegar aos visitantes a obra do xenial humorista gráfico Luís Davila.

Curuxas 2016

Selección dos traballos presentados ao concurso de humor gráfico Curuxa do Humor 2016, convocado polo Museo do Humor de Fene. Salientan os traballos gañadores do certame nesta edición: "Ray", de Alberto Cardona Valcárcel (1º premio categoría Curuxa); "Modernas", de Antón Lezcano González (2º premio categoría Curuxa); "Adaptación ao medio", de Cristian Fojón Caruncho (1º premio categoría Curuxa Nova); e "A gaivota de Amalia", de Alba Souto Rodríguez (2º premio categoría Curuxa Nova).

Ibáñez. El mago del humor (2015-2016)

A exposición Francisco Ibáñez, el mago del humor, que se puido ver no Museo do Humor de Fene durante os meses de decembro de 2015 e xaneiro de 2016, efectuaba unha aproximación á biografía do ilustre debuxante e á xénese das súas principais obras e personaxes.

Curuxas 2015

Selección dos traballos presentados ao concurso de humor gráfico Curuxa do Humor 2015. Salienta o debuxo gañador do 2º premio na categoría Curuxa: Qué leria de guerra!, de Manuel Arriaga de León (Murcia).

Xeración Retranca (2015)

Esta mostra recolleu orixinais de destacados humoristas galegos que formaron parte do elenco de autores que publicaron na revista Retranca entre os anos 2007 e 2011 (Kiko da Silva, Pinto&Chinto, Leandro, Andrés Meixide, Miguelanxo Prado, Alberto Guitián, Luis Davila, Fernando Iglesias "Kohell" ou José Antonio "Bernal”, xunto cos clásicos do humor gráfico galego como Xaquín Marín, Siro López ou Xosé Lois “O Carrabouxo”)

Pola cara (2014)

Exposición de caricaturas producida polo Museo do Humor de Fene no marco da conmemoración do seu XXX aniversario. Nesta mostra amosouse unha importante colección de caricaturas doadas para a ocasión por máis de medio cento de debuxantes e caricaturistas galegos, españois e internacionais.

Imaxes EBA. Homenaxe a Blanco Amor (2012)

Dezaoito ilustradores/as de primeiro nivel participaron nesta exposición promovida polo Museo do Humor de Fene dentro dos actos organizados polo Concello de Fene ao redor da convocatoria da 30ª edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.

O humor e os dereitos da infancia (2012)

Mostra colectiva na que diferentes ilustradores/as amosaron, dende unha perspectiva humorística, o seu punto de vista sobre o tema dos dereitos dos/as nenos/as. A mostra estaba baseada na “Declaración dos dereitos da infancia”, proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 1386 (XIV), do 20 de novembro de 1959.