Fene cidadán

Saltar menú


PSdeG-PSOE

Comunicado de Prensa

17/09/09 10:25 - PSOE Fene O Goberno Municipal desexa realizar unha serie de aclaracións que rectifiquen a información difundida polo BNG de Fene con respecto á xuntanza mantida hoxe co Presidente da Deputación e á situación dos Plans financiados pola mesma.

 

 

Cando este goberno chega á alcaldía, en xuño de 2007, atópase, entre outros asuntos, cos Plans de Obras e Servizos (POS) corespondentes aos anos 2006 e 2007 e o PIL 2005, elaborados e non executados polo anterior goberno.

 

 

O Goberno de Iván Puentes, a través de xestións compartidas entre a Alcaldía e a Concellería de Obras (dirixida por un Concelleiro Socialista), acadaron desbloquear e executar o POS correspondente ao an 2006, obras que levaban xa dous anos no olvido do anterior goberno, en mans do BNG.

 

 

Con respecto ao Plan de Obras e Servizos do ano 2007, tras os primeiros contactos coa Deputación por parte do edil de obras, o Concello foi instado a correxir e modificar determinadas obras incluídas polo anterior goberno do BNG, e que non eran executables porque cando foron planificadas non se tivo en conta aspectos tan fundamentais como a disponibilidade de terreos para poder realizalas.

 

 

As modificacións necesarias nese POS 2007, así como a elaboración dos POS 2008 e 2009 son xa obras planificadas pola actual Concellería de Obras, dirixida, como xa se nomeou, polo socialista José Antonio López Rodríguez, e aprobadas polo goberno en coalición do PSOE e BNG, existente ata mediados do presente ano. Neste punto se quere incidir sobre todo porque, ao contrario do que o BNG afirmaba hoxe na súa “información”, estes plans non foron elaborados en solitario polo grupo nacionalista.

 

 

En definitiva, o Alcalde e o Concelleiro de Obras levan dous anos xestionando coa Deputación solucións a estes Plans herdados do anterior goberno do BNG. Nomeadamente, hai máis dun ano o Goberno de Fene mantivo unha xuntanza co Vicepresidente da Deputación (deputado do BNG e responsable dos Plans Provinciais) á que asistiron o Alcalde, o edil de obras e o voceiro do BNG. A pesar diso, ao Concello de Fene aínda non se lle proporcionou unha solución satisfactoria para poder executar tódalas obras en cuestión, qconsideradas polos socialistas vitais para os veciños de tódalas paroquias de Fene. Por este motivo, para intentar achar esa solución pola que se leva máis dun ano agardando, hoxe o Alcalde e os concelleiros sinalados solicitaron a mediación do Presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda (PSOE) Así, é agora nas mans do PSOE e da Presidencia da Deputación cando se atisba o amaño dun problema en todo caso herdado.

 

 

Satisfacción logo da xuntanza con Salvador Fernández Moreda

 

 

O Alcalde, Iván Puentes e o edil de Obras e Servizos, José Antonio López, amosaron a súa satisfacción trala xuntanza co Presidente da Deputación da Coruña, así como o seu pleno convecemento de que trala mediación de Fernández Moreda a Deputación Provincial será quen de proporcionarlle ao concello unha solución satisfactoria para poder salvar as dificultadas sinaladas pola Secretaría Municipal no seu informe e así poder executar as obras de alcantarillado e abastecemento de auga previstas no conxunto das 8 parropquias de Fene.

 

 

Para elo, de xeito inmediato, a Concellería de Obras encargará un informe aos redactores do actual plan de urbanismo de Fene no que se xustifique técnica e xuridicamente a cualificaión dos terreos afectados. Informe que debería servir logo de base aos servizos xurídicos e técnicos da deputación para aprobar o financiamento as obras en cuestión.

 

 

Por último, compre sinalar que o Concello de Fene ten xa completos tódolos trámites necesarios para a execución destes plans provinciais (proxectos, informes técnicos e xurídicos e aprobación polo pleno) Tan só resta, e ese é o punto no que estes plans están estancados desde hai uns dous anos, a aprobación por parte da Deputación do financiamento correspondente.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información