O Partido Popular de Fene considera que a aprobación desta ordenanza permitirá axilizar o atraso herdado dos anteriores gobernos municipales na concesión das licencias.
O Concello de Fene aprobou no pleno celebrado onte unha ordenanza para axilizar as licencias de apertura de comercios mediante unha declaración responsable de comunicación.Esta ordenanza quere regularizar a situación creada pola entrada en vigor da Lei de Economía Sostible. O seu obxectivo é facilitar as persoas que desexen abrir un negocio que non teñan que esperar os informes xurídicos e técnicos para empezar coa actividade. De agora en adiante bastará con firmar unha declaración de responsabilidade na que a persoa comprométese a axustarse á normativa vixente mentres se procesa toda a documentación.
Esta nova ordenanza non só se aplicará as licencias que soliciten a partir de agora, senón tamén a todas aquelas que se atopen actualmente en trámite. Os interesados poderán continuar a tramitación a través dun procedemento moi sinxelo de comunicación ao Concello, regulado na presente ordenanza.
O Concello de Fene considera que a aprobación desta ordenanza permitirá axilizar o atraso herdado dos anteriores gobernos municipales na concesión das licencias e que coa súa implantación conseguirase axilizar todos os trámites. A medida permitirá tamén desconxestionar o área de urbanismo, que sufre un gran atraso nos trámites de licencias e que está sendo obxecto de melloras importantes, xa que nesta lexislatura introducíronse melloras que van desde a reorganización do departamento ata a aprobación de ordenanzas que permitan facer una concellería máis eficiente.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006