Fene cidadán

Saltar menú


Partido Popular

XA ESTA OPERATIVA A SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA

24/09/11 16:43 - xestor pp

Xa está operativo o enderezo electrónico sede.xunta.es, que o Goberno galego puxo a disposición dos cidadáns como un punto de acceso único a toda a Administración autonómica, co obxectivo de facer unha Xunta accesible, online e para todo tipo de procesos.Esta sede electrónica vai permitir, por tanto, unha Administración sen papeis, máis transparente, aberta e accesible aos cidadáns as 24 horas dos 365 días do ano.De xeito gradual, a sede electrónica, ofrecerá aos cidadáns a mesma información e os mesmos servizos que, a día de hoxe, se ofrecen fisicamente en calquera ventanilla das consellería. Ademais, proporcionará todo tipo de garantías xurídicas e de seguridade en canto aos trámites que de xeito telemático faga o administrado coa Xunta.

A sede electrónica é unha das actuacións establecidas no Plan de Modernización da Administración, que ten un orzamento total de 26 millóns de euros ata 2013.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información