Partido Popular
Gumersindo Galego Feal
Voceiro
Domicilio en Magalofes.
Estudou no Colexio Luis Vives de Pontedeume.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago no ano 1986 e membro da Asociación española para o Estudo do Dereito Europeo.
Avogado exercente dende hai 21 anos no Colexio de Avogados de Ferrol
A finais dos 80 e principios dos 90 formou parte da Asociación de Veciños de Magalofes. Durante 10 anos formou parte da Xunta de Goberno do Colexio de avogados de Ferrol.
Afeccións: Lectura, teatro, cine e campo.
Rocío Bértoa Puente
Nacida en Laracha marzo de 1978 e con domicilio en Perlío.
Cursou os estudos de EXB no Colexio Jorge Juan de Perlío e o Bacharelato no IES de Fene e é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago no ano 2004.
Avogada exercente dende hai 2 anos Colexio de Avogados de Ferrol. Nos anos 90 colaborou con Radio Fene e coa emisora universitaria Radio Kaos.
Afeccións: Lectura, teatro, cine e kárate.
Juan José Franco Casal
Domicilio en Fene.
Cursou os estudos no Colexio Jorge Juan de Perlío e é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña no ano 1996.
Profesor de Dereito Constitucional e Autonómico na Academia Postal de Ferrol e Xestor Administrativo exercente no Colexio de Xestores Administrativos da Coruña.
Formou parte do equipo de balonmán do Perlío nos anos 80 e a finais dos 80 e principios dos 90 colaborou con Radio Fene.
Afeccións: Lectura, teatro, cine e música.