Asina
Libro de visitas
Este libro de visitas é un espazo aberto á participación de cidadáns de todo o mundo. Pode escribir a súa mensaxe sobre o Concello de Fene ou sobre a web, sempre e cando se sigan as normas habituais de cortesía e respecto democrático. Isto quere dicir que aquelas mensaxes ofensivas para a dignidade humana, racistas, xenófobas ou de apoloxía ou incitación á violencia, de actividades ilegais ou que atenten contra os principios da convivencia democrática serán borradas.
Co fin de evitar a inclusión de mensaxes ofensivas, a publicación na web non será inmediata. Este mecanismo garantirá o mínimo respecto preciso no libro de visitas.
Se desexa expresar suxestións, críticas ou queixas respecto da acción do goberno, a súa administración, servizos, pregámoslle que nos envie un
correo electrónico.
Mensaxes recibidas:
Piscina municipal
Felicidades polo bo servizo que prestan as instalacións da piscina municipal de Centieiras. En especial o traballo realizado polas monitoras de natación, para iniciación e perfeccionamento, cuxa entrega e profesionalidade son moi destacables.
Ferrol [16/03/2010 14:26]
Unha fiestra perfecta
Parabéns! Tedes unha das mellores webs dos concellos de Ferrolterra, por non dicir a mellor: información actualizada, clara e concisa.
Seguide así!
Narón [11/12/2008 17:58]
visita a páxina
Encatoume a vosa nova páxina,ánimo e sorte
ceip o ramo [07/11/2008 11:06]
Parabéns
A miña noraboa polo web.
Ferrol [17/04/2007 23:13]