Fene cidadán

Saltar menú


A.C.R.D. O Pote

Romarķa do Pote

A Romaría do Pote ven celebrándose  ininterrompidamente dende o ano 1933, exceptuando os anos da guerra civil. Tratase dunha das Romarías pioneiras de Galiza, tendo como particularidade o seu carácter laico, ao non ser adicada a ningún santo.

A primeira Romaría do Pote tivo lugar o 17 de setembro de 1933. Naquela ocasión actuou o grupo Toxos e Flores de Ferrol, que inaugurou o palco do campo da festa de Maniños. Máis tarde trasladouse á casa do doutor Borrás onde se izou a bandeira republicana e lle ofreceron unha recepción. Na torre rematou naquela ocasión esta histórica romaría.

A primeira Romaría do Pote foi un éxito de participazón. Tras a popularidade da primeira edición da Romaría preparase a segunda. En xuño de 1934 a Asemblea de socios acorda apoiar a continuidade desta festa,trasladándoa para o mes de xullo.

Nos anos 50, 60 e 70 ao Pote achegábase xente de toda Galiza, formando espectaculares “merendas” de máis de duascentas persoas. Algún ano a comisión organizadora chegou a traer trece grupos musicais para participar na romaría. A esta festa ten acudido xente de toda Galiza, configurándose como unha das principais romarías do País nos últimos anos do franquismo.

As merendas son unha da particularidade da Romaría do Pote, dende unhas semanas antes do festexo que habitualmente coincide co ultimo domingo de agosto, xoves de Maniños e doutras parroquias comezan a montar con toxos, xestas e felgos as suas cabanas nos arredores do local do Pote. Ben pertrechados de comidas e bebidas, os máis novos pasarán os días e noites anteriores ao “Pote” acubillados nas casoupas, preparando o día grande.


Pote

Enderezos /


A.C.R.D. O Pote:

Rúa Pombal nº 15

Maniños

C.P. 15520


Caixa de correo:
acrdopote@gmail.com
Páxina Web:
O POTE
Teláfonos e Fax:
981360707

aquí o destacado


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información