O Circulo Mercantil e Industrial Unidade organiza o día 13 de febreiro a partir das 11,00 horas, no seu salón de actos o tradicional baile de carnavales, con premios os mellores disfraces, baile arrufado pola Orquestra “Azalea” ven e divirtete con nos, esperémoste. Será necesario presentar o carné da Sociedade, o prezo para os invitados dos señores socios será de 6 € por persoa.
Así mesmo o día 14 de febreiro a partir das 17,00 horas levarase a cabo un festival infantil con motivo da celebración do entroido, o festival contará cos animadores da "Diver Show", e repartiranse golosinas entre os nenos asistentes, a entrada a este acto será de carácter libre.
AS ORIXES DO ENTROIDO:Ten o seu nacemento en tempos ignotos, atribuíndose o seu procedencia na tradición celta, uns na adoración a Dionisos ou a Baco outros. No cristianismo mestúrase a despedida do duro inverno coa despedida da carne antes do periodo de abstinencia da Cuaresma.
O RITO DA FESTA:En Galiza o Entroido parece que se celebra dende sempre. Manifestacións en grao sumo da tradición perviven hoxe en día no máis profundo de Ourense e nalgunha zona de Lugo. Laza, Xinzo, Verín, Vilaúxe... seguen celebrando o carnaval como se facía fai varios séculos, pero con máis turistas cada ano, e mesturando a tradición coa innovación.
Ritos de grupo cos que aínda hoxe rompen a cabeza os antropólogos buscándolles unha orixe e un significado: os personaxes enmascarados e adornados como os cigarróns, as pantallas, os distintos peliqueiros... personaxes que se distinguen pola sua animalización: non falan, levan chocas como os animais, pegan á xente e levántanlle a saia ás mulleres.
Xunto a eles, animais como a vaca, o burro ou o galo, reais ou simulados simbolizan o entroido e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo gamberradas.Os disfraces, dentro do limitado dos medios, son no noso rural do mais variado dende sempre.
Homes vestidos de mulleres e mulleres disfrazadas de homes, curas e monxas e quen non tiña disfraz, poñía a roupa do revés, simbolizando esa volta do mundo o revés. Ao mancharse, gastar bromas, rirse de todos, o único prohibido é non participar e enfadarse. Discursos como os testamentos, os arranques ou as coplas fan repaso, en clave satírica de todo o acontecido no ano, ríndose de todos os veciños e institucións.
O NOVO CARNAVAL:Ademais do entroiodo tradicional dende o século pasado comezou a celebrarse nos liceos de cidades e vilas un entroido burgués con bailes e disfraces elaborados que non saían á rúa. Durante o franquismo, especialmente no periodo da guerra e na posguerra, o carnaval foi duramente perseguido en todas as súas formas, e algunhas tradicións perdéronse.
Dende os anos 70 comezou unha recuperación do carnaval na rúa, tanto dende as aldeas e das formas máis ancestrales, como dende as cidades coa formación de charangas e grupos que saían á rúa nestas datas. A recuperación do carnaval urbano deuse fundamentalmente nos últimos anos setenta e os primeiros oitenta, coa aparición de desfiles e de disfraces nas rúas e o comezo do apoio dos diferentes concellos ás festas.
Co ambiente festivo recuperouse o espírito da crítica contra todo e disfraces e cancións que aluden a feitos e personaxes de actualidade, uníndose tamén concertos, bailes, festas e últimamente a moda de traer grupos de samba que participan nos desfiles con mulatas danzando polas rúas en bikini co frío que fai.
A COMIDA DE CARNAVAL:Un elemento fundamental dende sempre é a comida no carnaval de Galiza. Pratos como as filloas, a cachucha, a bica, as orellas, a androlla ou os doces fanse e consomen especificamente nestas datas. Clásicos como os chourizos, ou lacón ou o caldo son consumidos en masa, dada a súa idoneidad para o inverno e para repoñer tantas enerxías como se gastan nestas datas. Dentro da filosofía do carnaval está a de comer e beber ata rebentar.
O Carnaval en Galiza coñécese como Entroido e a época da transgresión, burla e parodia, o entroido tradicional ten a súa orixe en tempos ancestraies e son as manifestacións máis representativas do mesmo as máscaras da cultura rural, os Momos e Mecos, Os Felos de Maceda, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres...Tamén a rica tradición do carnaval resurge nas cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses...
PERIODOS DE FESTA:Domingo Fareleiro ou Borrallento: Coincide co domingo da septuaxésima, nesta data é costume que os veciños mánchense uns a outros con borralla (cinza) ou farelo (fariña da peor calidade).Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un moneco ou varios que representan aos homes e intentan queimalo, mentras os mozos loitan por roubarllo.
Domingo Corredoiro ou Oleiro: Realízanse celebracións mui diferentes segun os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo, en Laza lánzanse formigas sobre a xente e faise a farrapada, loita con farrapos enpapados en lama ou estiercol. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das ollas, no que os participantes pásanse ollas de barro, e a aquel que lle rompa debe pagar unha rolda.
Xoves de Comadres: Ao reves do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios monecos con feitura de muller e son estas as que loitan por sacarllo.Domingo de Entroido: Comeza a festa maior.Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os Testamentos de Entroido e entérrase a representación da festa.
Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, é a escolleita en moitas vilas e aldeas para enterrar a sardina. Un saudo da xunta directiva
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006