Como vén sendo habitual nos últimos anos a nosa sociedade organiza o ano varias veladas de teatro, este ano levarase a cabo a primeira o próximo sábado dia 23 de xaneiro, ás 20.30 horas, poñerase en escena unha obra titulada, "A DERRADEIRA OCORRENCIA", a cal será escenificada polo grupo "Teatro Siro Lopez", grupo do C.C.R.D. de Perlio.
Esta obra e unha versión en galego de "O asento da verdade" de Frigyes Ka, actuaran:Natalia Alvariño coma a funcionaria, Ana I. Lado coma a concelleira, Carlos Basoa coma o da limpeza, Iria Romero coma a das ocorrencias, Sara Couce coma o secretario, Ana Diaz coma o xornalista, Iria Romero coma a alcaldesa, Noelia Sanchez coma a muller e Juan Diaz coma o doutor. Todos eles dirixidos por Carlos Basoa Basoa.
Se queres reirte sen parar durante un bo intre non dubides en acudir ao noso local social, estaremos esperandote, un saúdo da Xunta Directiva. Entrada libre
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006