Fene cidadán

Saltar menú


A.VV. Santa Eulalia de Limodre

Letras Galegas 2008

24/05/08 15:02 - Xestor Limodre

O venres día 30 de Maio a partires das 20:30 horas desfrutaremos en Limodre do día das Letras Galegas, este ano adicadas a Xosé María Álvarez Blázquez.Falaremos da súa vida e obra.

Logo a Asociación  rendiralle unha homenaxe á escritora , Dulce María López Rivera,veciña de Limodre que fará a presentación do seu último libro "A sombra das queirogas".

E como colofón final haberá teatro a cargo do grupo infantil da A.V.V. de Limodre.Representarán a obra "Calcetíns e gravatas,¡escapa que ven a Paca!" O reparto por orden de aparición en escea será o seguinte:

Amparo.- Sara Cribeiro

Clementina.- Cristina Varela

Paca.- Nuria Rico

Vicentiño.- María Rey

Susi.- Raquel Eiroa

Luisita.- Eva Fernández

Alfredo.- Sara Sabín

A obra está dirixida por Jesús Bello.

E finalmente despois da representación teatral, tódolos presentes desfrutaremos duns pinchos e unhas bebidas para que a celebración sexa completa.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información