Fene cidadán

Saltar menú


A.VV. Santa Eulalia de Limodre

Comezamos a nova tempada de Churrasco

15/01/09 14:59 - Xestor Limodre

O vindeiro sábado día 17 de Xaneiro comezaremos a nova tempada de Churrasco, a partires das 21:30.

O prezo será o de sempre, 7´50 €, e o lugar tamén será o de sempre, o Local Social. O que agardamos que non sexa o de sempre é a xente, esperemos que veña moita xente que non coñecemos e así sexamos un gran número de persoas dispostar a pasalo ben e a escorrentar o frío.

Para escorrentar o frío, a parte de comer o churrasco, poderemos bailar ata que o corpo diga basta;para iso contaremos coa actuación de Saavedra.

Bueno pois toda aquela persoa que desexe apuntarse pode facelo chamando o número 981460177.

Agardámosvos!!!


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información