En Limodre estamos de festa!!!
Este venres día 12 de Decembro gozaremos dun estupendo baile amenizado polo organista Saavedra. O baile dará comezo a partires das 23:00 e durará ata o corpo non resista un baile máis.
O sábado día 13, ás 12:00 haberá unha misa cantada.
E como remate final o domingo día 14 será un día repleto pois a partires das 09:00 poderemos despertar cos sonidos das gaitas, xa que precorrerá a parroquia o grupo de gaitas "Os Retrincos";e ás 13:15 terá lugar unha misa solemne, cantada pola Coral Polifónica O Pote, na honra da nosa patrona, ó remate da mesma desfrutaremos dunha magnífica sesión de foguetes.
Organiza a A.V.V.Santa Eulalia de Limodre, colaboran o Concello e Radio Fusión.
Agradecemos a vosa colaboración e esperamos a vosa participación.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006