Pois sí,xa toca de novo o Campionato de Chave;este ano o disputarán un total de 23 equipos.
O sorteo de contricantes será o venres día 19 de Setembro no local Social ás 21:00 horas.
O campionato comezará o luns día 22 de Setembro e o primeiro encontro será ás 20:00 horas, no local social.
Tódalas partidas celebraránse de luns a vernes a partires das 20:00 horas ou as 21:00, dependendo da dispoñibilidade dos propios equipos que se enfronten ese día.
Ó remate de cada partida, tódolos membros dos equipos que xogaron ese día poderán duns pinchiños para repoñer forzas.
Está prevista a final para o sábado 18 de Outubro ás 17:00 horas.
Levarán trofeos os tres equipos mellor clasificados, así como tamén o máximo chavista da fase regular (que é aquela na que participan todos os equipos) e o máximo chavista da final.
Organiza a A.V.V. Limodre e colabora o Concello de Fene.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006