Este venres día 22 de Agosto, celebramos a 14ª Festa da Orella na que agardamos a vosa presencia.
Será a partires das 21:30 na pista polideportiva de Limodre. Os tickets comezarán a venderse dende as 21:00, para comezar a servir as racións ás 21:30.
Despois de encherse de orella, comezará a festa co Dúo Latino que estarán con nós ata que o corpo nos aguante. E como non ás 00:00 serviremos a popular e tradicional queimada.
Desexamos que sexa do voso gusto e que para o ano repitades, moitas gracias.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006