Bueno, pois coma tódolos anos e no mes de Agosto, tócalle o turno ó Felipop. Este festival de música está de aniversario, cumpre 10 anos.
Dende o xoves 8 de agosto comezan os concertos. O primeiro deles celébrase en Casa Ardá, coa actuación de The Kanaloas (Ferrol).
O venres 9 de agosto continua o festival na pista polideportiva, coas seguintes actuacións:
22:00.- Contrastes (Santiago)
23:00.- Magín Blanco e Burgos Beat (Ourense)
24:00.- The Coal Porters (Londres)
01:00.- Colin Hare e Honeybus (Londres)
02:00.- Doctor Divago (Valencia)
O sábado día 10 de Agosto comeza o día cunha sesión vermú na pista polideportiva a partir das 13 horas. Logo á noitiña voltan de novo os concertos, esta vez serán os seguintes grupos os que amenicen a festa:
22:00.- Miss Black Emotions (Castellón)
23:00.- Feedbacks (Xixón)
24:00.- Super Ratones (Buenos Aires)
01:00.- Los Maroñones (Murcia)
02:00.- La Granja (Palma de Mallorca)
A entrada costa 15€ por día ou 20€ si vades os dous días. Para os socios de Feliciao prezo será de 12 €.
Disporase dunha zona de acampada libre, no campo de fútbol.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006