Fene cidadán

Saltar menú


A.VV. Santa Eulalia de Limodre

Ven ao Corpus en Limodre!!!

12/06/08 00:45 - Xestor Limodre

Este venres día 13 de Xuño, comezamos a celebración do noso Corpus. Este ano para comezar a festa representaráse no Local Social a obra de teatro " O enfermo imaxinario". A partires das 21:00 do serán o grupo de teatro dirixido por Xesús Bello Rey estreará na parroquia a súa última obra. Os actores por orde de aparición en escena son: ARGÁN(Juan José Rey), TONINA(Mª José García), ANGÉLICA(Mónica Martínez), BELINA(Ángeles Francos), NOTARIA(Mª Carmen Rodríguez), CLEANTES(Verónica Rey),ROSA(Rosa Filgueiras), OLISCANTE(Xesús Bello) e PURGONA(Mª Carmen Rodríguez).

 

O sábado día 14 de Xuño, haberá un gran partido de fútbol sala que enfrentará ós equipos.........Limodre Casados contra.......Limodre Solteiros, ¿quen gañará? Non quedes coa dúbida e acude á pista polideportiva de Limodre ás 19:00, será algo irrepetible!!

 

E como último día de festa, o domingo o grupo de gaitas Os Retrincos percorrerá a parroquia para despertarnos coa súa boa música. Ás 12:30 haberá unha misa cantada polo coro de Franza, e ó remate desta unha ampla sesión de foguetes.

 

Subvenciona a parroquia, colabora o Concello e Radio Fusión.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información