Fene cidadán

Saltar menú

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

De tapeo por Fene!

27 de marzo de 2008

A partir de mañá, venres 28 de marzo, poderemos degustar das mellores tapas nos establecementos de Fene.

1º Concurso de Tapas Concello de Fene

Un total de 17 establecementos de Fene inscribironse no 1º Concurso de Tapas.

Establecementos que ofertarán a partir de mañá a tapa coa que participan, competindo así polo 1º Premio na categoría na que se inscribiron: tapa tradicional ou tapa creativa.

Deste xeito, a clientela que deguste estas tapas poderá emitir o seu voto nas urnas que atoparán nos locais. Os votos recolleranse do 7 ao 9 de abril polos integrantes do xurado para seleccionar así as 3 tapas finalistas en cada categoría. 1 gañador final e 2 semifinalistas.

Finalmente, o día 11 de abril terá lugar a entrega de premios, día no que se procederá tamén á realización do sorteo ó que opta o público participante

Para que este concurso poda converterse nunha festa gastronómica a Concellería de Promoción Económica promove a participación e anima a que todos e todas pasemos polos seguintes establecementos inscritos e proben as tapas que nos teñen preparadas;

Tapa creativa:

As Carro-San Valetín

Las Vegas-Perlío

Porto de Veiga-Perlío

Bienmesabe-Fene

Lembranza-Fene

Vilar do Colo-Fene

O Cazador-Limodre

Ababol-Perlío

Tapa tradicional:

Pachamama-Fene

Prego´s-Fene

Muiño do Vento-Magalofes

Malpica-Maniños

Mundial-Perlío

O'Emigrante-Limodre

Casa Raquel-Magalofes

O Son de Cociña-Perlío

A Parada-Maniños


Documentación

Ligazóns

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información