31 de xaneiro de 2008 11 comparsas acompañarán o entroido fenés nos actos programados.
6 comparsas de adultos/as, 3 comparsas de escolares mixta e 2 comparsas infantís, inscribíronse para acompañar ao Entroido nos actos programados para o mércores 6 de febreiro e que comezarán coa concentración destas ás 18:00 horas na Rúa do Río Cádavo (fronte a Aguilar) para continuar cun percorrido polas rúas de Fene: Avenida Marqués de Figueroa, Cruzamento de Fene, Avenida Naturais, Avenida do Concello e Praza do Concello.
Unha vez reunidas as comparsas no Concello, actuarán para todos e todas no palco instalado na praza e interpetarán unha canción.
O xurado concederá os premios aos participantes segundo as bases establecidas.
As comparsas participantes desfilarán e actuarán no seguinte orde,
Esta orde acadouse mediante o sorteo realizado onte ás 19.30 h na Sala de Sesións da Casa do Concello.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006