Fene cidadán

Saltar menú

Clube Automodelismo Axiña

Campionato de España de Radio Control

14 de xuño de 2007

Os vindeiros 22, 23 e 24 de xuño, no circuíto das Pías, terá lugar a 3ª proba "A" 1/8TT Gas. do Campionato de España de Radio Control.

Obras de acondicionamento do circuíto de Fene

 
A competición, organizada polo Clube de Automodelismo Axiña Modelcar, hase desenvover no circuíto permanente das Pías, situado xunto á porta de entrada a Navantia.
 
Segundo os especialistas, o circuíto que se está preparando para a ocasión será divertido e moi técnico. No referente aos obstáculos ten unha sucesión de rampas a distinto nivel e unha meseta en curva. A súa excelente drenaxe filtra moi ben a auga da chuvia.
 
As probas comezarán o venres 22 cos adestramentos controlados, catro mangas por piloto. O sábado terá lugar a última manga de adestramentos controlados e, de seguido, as mangas clasificatorias.
 
A xornada rematará o domingo coa disputa das subfinais, final e o acto de entrega de premios.
 
O prazo de inscrición o Campionato remata ás 22 h. do 15 de xuño.

Documentación

Ligazóns

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información