Fene cidadán

Saltar menú

CMI Unidade de Fene

Convocado o XX Premio de Poesía "Pérez Parallé

8 de maio de 2007

O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, coa colaboración do Concello de Fene e a editorial "Espiral Maior", fai pública a convocatoria dunha nova edición do Premio Nacional de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé".

As persoas en participar nesta importante convocatoria teñen de prazo até o 1 de outubro  para presentar os seus orixinais.

O Pérez Parallé convócase co obxectivo de colaborar na promoción de novas voces, polo que para participar é requisito imprescindíbel non ter publicado ningún libro individual de poesía. 

As Bases que rexen esta convocatoria tamén establecen que:

  • O xurado estará composto por tres persoas de recoñecida traxectoria no ámbito da escrita literaria, da edición ou da crítica.
  • Os autores participantes presentarán un libro de poesía en lingua galega. Recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.
  • O prazo de presentación de orixinais remata o 1 de outubro de 2007 ao enderezo do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene (Porto do Rio, 21, 15500 San Paio-Fene).
  • O premio consistirá na edición do libro na colección de Poesía "Espiral Maior" no máis breve prazo primeira edición constará de 800 exemplares.

Documentación

Ligazóns

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información