12 de setembro de 2012
O vindeiro xoves, 20 de setembro, ás 19:00 h. na Casa da Cultura de Fene, tertulia con Víctor F. Freixanes, gañador do Blanco Amor, Mugardos 1982, coa novela “O triángulo inscrito na circunferencia”.

Víctor F. Freixanes
A Concellaría de Cultura e Deportes, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, ven de programar un ciclo de tertulias con gañadores de anteriores edicións do Premio de Novela Longa “Eduardo Blanco Amor”.
A primeira destas tertulias, conducida por Mercedes Queixas, terá lugar o vindeiro xoves, 20 de setembro ás 19:00 h. na Casa da Cultura de Fene e contará coa participación de Víctor F. Freixanes, gañador do Blanco Amor, Mugardos 1982, coa novela “O triángulo inscrito na circunferencia”.
O ciclo, que se desenvolverá entre o 20 de setembro e o 22 de novembro, desenvolverase consonte ao seguinte calendario:
• Xoves, 20 de setembro, tertulia con Víctor F. Freixanes conducida por Mercedes Queixas.
• Xoves, 4 de outubro, tertulia con Xesús Rábade Paredes, conducida por Verónica Martínez Delgado.
• Xoves, 11 de outubro, tertulia con Xavier Alcalá, conducida por Alfredo Ferreiro.
• Xoves, 25 de outubro, tertulia con Valentín Carrera, conducida por Tati Mancebo.
• Xoves, 8 de novembro, tertulia con Francisco Castro, conducida por Carlos Negro,
• Xoves, 22 de novembro, tertulia con Inma López Silva, conducida por Mercedes QueixasNestas tertulias, que terán lugar ás 19:00 h na Casa da Cultura, tanto o condutor/a como o público participante dialogarán co/coa autor/a gañador/a do Premio Blanco Amor sobre a obra do autor/a e nomeadamente da obra coa que gañou o Premio.
Na escolma de autores/as procurouse garantir a presenza daqueles escritores que gañaron nas edicións do Premio que tiveron lugar na nosa comarca (Víctor F. Freixanes, Mugardos 1982; Valentín Carrera, Narón 1990; Francisco Castro, Neda 2005; Xesús Rábade Paredes, Cedeira, 2006), de autores de Ferrolterra que obtiveron este prezado galardón (Xavier Alcalá) e con algunha das tres mulleres gañadoras do Premio (Inma López Silva).
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006