Fene cidadán

Saltar menú

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Campamento Urbano de Agosto

1 de agosto de 2012

Desde hoxe ata o día 13 de agosto, terá lugar a matriculación para participar no Campamento Urbano de Agosto no CMI Unidade de Fene organizado pola Concellería de Cultura e Deportes.

O Campamento Urbano terá lugar no CMI Unidade de Fene do xoves 16 ao venres 31 de agosto (de luns a venres), en horario de 10.00 a 13.30 horas.

Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos (escolarizados).

As actividades serán de xogos acuáticos, gimkanas temáticas, xogos de pista, deportes varios, manualidades, obradoiros (reciclaxe, inventoxogos, festas...)

O número de prazas é limitado a 30.

Inscrición e Información

Lugar: Dependencias administrativas do Dpto. Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais 44, entrechán). Tlf.: 981340366

Prazo: do 1 ao 13 de agosto

As prazas cubriranse or rigorosa orde de inscrición.

Cota: 34,45 €

Unha vez entregada a ficha de inscrición e confirmada a praza procederase a:

1. Facer o pagamento da cota mediante o ingreso na conta a nome de Concello de Fene "Campamento urbano de Fene" en Novagalicia Banco no nº de conta: 2080-0209-56-3040009274

2. Achegar xustificante deste ingreso nun prazo de cinco días hábiles. No caso de non achegar o dito xustificante causará baixa na actividade.

Baixas e devolución de cotas: O concello devolverá a cota aos participantes que se den de baixa unha vez inscritos, sempre e cando se formalice a renuncia de praza e a solicitude de devolución de cota antes do remate do prazo de inscrición.

Nas actividades é preciso levar: 

Calzado e roupa cómoda

Gorra

Bañador posto

Protector solar posto

Mochila: tentempé, botellín de auga, chanclas e gorro de baño, toalla, bañador seco de reposto, protector solar para botar a media maña.


Documentación

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información