16 de maio de 2012
Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua cun amplo programa de actividades que este ano xiran ao redor da figura de Valentín Paz Andrade.
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recoller o latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Esta conmemoración chegou ao noso Concello, no mesmo ano 1963, da man do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene e impulsada por Xosemaría Pérez Parallé quen organizou a “Ruta da Primavera”, un amplo programa de conferencias e actividades en homenaxe a Rosalía de Castro, a nosa xenial poetisa a quen a Real Academia Galega dedicou o primeiro “Día das Letras Galegas”, e que contou entre outros coa participación de Enrique Mariñas e de Pedro del LlanoAo CMI Unidade de Fene (unha das poucas sociedades culturais, se non a única, que ven conmemorando ininterrompidamente o “Día das Letras Galegas”) non tardaron en sumarse o resto do movemento asociativo fenés que, nestas datas, enchen os seus locais sociais cunha ampla proposta cultural.
Neste 2012, o perfil e a figura do avogado, poeta, político, periodista, ensaísta e empresario Valentín Paz Andrade, autor a quen se lle dedica o “Día das Letras Galegas”, ocupa un lugar sobranceiro na citada proposta cultural.
Achegándonos á polifacética obra de Paz Andrade, intelectual en todo o sentido da palabra, podemos e debemos sentirnos orgullosos do que somos, fomos e seremos, Galicia Viva!
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006