Fene cidadán

Saltar menú

ASOCIACION DE COMERCIO, HOSTALARÍA E SERVIZOS O CRUCEIRO FENE

Mercar en Fene ten premio!

13 de decembro de 2011

A Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene ven de anunciar unha campaña para dinamizar o comercio do Concello de Fene a través dunha participación mais activa da clientela nas tendas da vila.

Deste xeito, sortearanse 4 baules de Nadal (promoción do 02.12.2011 ao 22.12.2011, sorteo o 23.12.2011) , 1 tv de 32" lcd (en combinación coa lotería de nadal da asociación) e 6 vales de compra de 50 € cada un (promoción do 22.12.2011 ao 09.01.2012, sorteo o 10.01.2012).

A iniciativa conta coa colaboración da Concellería de Promoción Económica do Concello de Fene.


Ligazóns

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información