2 de febreiro de 2010 Esta é a primeira vez que se presenta o borrador de orzamentos no mes de xaneiro, cumplindo así co compromiso de Iván Puentes.
O alcalde espera que haxa vontade de diálogo por parte dos demáis grupos municipais para facer realidade os investimentos e preservar os intereses dos veciños e veciñas de Fene.
O edil de Facenda, Manuel Ángel Rodríguez Carballeira, destacaba en primeiro lugar que se trata dun orzamento de ingresos de 10.604.576,96 €, o que supón unha reducción de 394.000 € (3.55%) con respecto do exercicio do 2008. A caida da recadacion do ICIO, que pasa dos 680.000€ a 185.000 €, e do 20% (240.000 €) das transferencias do estado(Participacion nos tributos estatais) son os principais motivos desta reducción, xunto co acordo tomado a finais de ano con respecto á conxelacion das taxas. Esa reducción dos ingresos frénase grazas á creación do novo imposto sobre as empresas da telefonia móvil (73.000 euros), asi como os 307.000 € do FEIL adicados aos gastos ordinarios de carácter social, e o crédito de 348.000€ para financiar a inversión en obras.
En resumo, trátase duns orzamentos nunha situacion de crise, con reducción dos ingresos ao respecto do 2008 do 3.55%, cos que o goberno municipal ofrece unha resposta para favorecer a actividade economica, e con elo o emprego, cun nivel de inversión axeitado nestas circunstancias (sobre todo abastecemento de auga, saneamento, camiños e rúas). Trátase tamén de aumentar as prestacións sociais (tanto a asistencia no fogar como a aplicación da lei da depedencia), manter os servizos culturais e deportivos, mellorar os servicios (recollida do lixo,recollida selectiva), modernizar a administración para atención dos cidadáns (incorporación de traballadores, novo Programa informático).
Con respecto aos gastos, o capítulo de persoal inclúe un aumento de 170.343 respeto do 2008(39.24%). Os salarios para os funcionarios, persoal laboral e cargos públicos con dedicación exclusiva, aplícase a subida prevista nos orzamentos xerais do estado (0.03%).
Pola contra, conxélanse as dietas, indemnizacións cargos públicos, gastos de representación e axudas aos grupos municipais.
Na oferta pública de emprego, créase unha plaza de policia municipal, chegando así ao número de axentes estipulado segundo a poboación do concello. En promoción interna 1 chófer e 1 encargado. As prazas interinas tratarán de cubrir as necesidades puntuais do día a día do Concello (1 auxiliar administrativo de apoio para o desenvolvemento da contratacion do FIEL, 1 auxiliar para Area de Intervención).
Con respecto aos gastos, e como un claro exemplo de reducción de gastos correntes, disminúen os gastos dos órganos de goberno(142.000 €).
Incrementanse os gastos do servicio da recollida do lixo (aprox. 50.000 €), os gastos xuridicos (88..000 €), asistencia social, aplicación da lei da dependencia (134.000 €), modificacion puntual do PXOM (62.000 €), factura eléctrica. Neste senso créase unha partida nova para limpeza viaria de 20.000 €.
No capítulo de gastos financieiros os intereses prestamos (151.700 €). disminúen ( 20.750 €).
Nas transferencias correntes recóllense as subvencions do 2009 e 2010 para ANPAS e Entidades do Concello, o bono bus e o programa de axuda ás familias.
As inversións reais (1.198.801€) recollen as achegas municipais para a execucion das seguintes obras:
Instalacion de 7 areas de xogo nos parques infantiles escolares
Renovacion da rede de distribucion na Avda. Porta do Sol (Fene)
Renovacion das redes de abastecemento de auga na Avda. Naturais e Rúa da Fraga.
Asfaltado da Travesia da Vrea e na Rúa Penedo(Barallobre).
Abastecemento de auga no Campanario e no Pereiro
Saneamento no Redondo
Abastecemento na estrada de Laraxe(Limodre)
Pavimentacion cmños. Carqueixa (Fene)e Punxeiro(Lubian)
Saneamento de Lubian, Cmño. do Catalan, Rúa Travesa
Mellora da seguridade vial Mques. de Figueroa dcha.. Millora das beirarrúas entre a Avda. do Mar e Avda. da Cooperación (3ª fase) (Complementario).
Pavimentación dos camños municipais: Tras do Río, Lameira, Campanario e Río Basanta
Dotación de servicios e pavimentación no nucleo de Fene
Pavimentación dotación de servicios parroquiais de Fene
Muro de contención do cmño. das Chancas (Perlío)
Cabe destacar que este plan de inversións verase complementado polo novo Plan estatal de inversions cifrado en 1.200.000 €
Modernización e Millora dos Servizos Administrativos do Concello:
Dotación dun novo programa informático para recadación, compatibilización con outras administracións(40.000 €).
Axilización das tramitacións: Incorporación de 2 auxiliares
Policia local incorporación 1 policia local
Mellora dos servizos:
Mantenemento de camiños e zonas verdes: Compra de 1 tractor e 2 desbrozadoras.
Relacion de gastos mais sobresaíntes por funcións
Cultura e Deportes: 1.326.584 €
Ensino: 491.496 €
Acción social, pensions e outras prestacions: 890.000 €
Formacion e emprego: 164.658 €
Sanidade: 79.000 €
Saneamento e abastecemento de auga: 1.235.254 €
Estradas camiños e vias públicas: 1.305.083 €
Urbanismo e Arquitectura: 790.771 €
Rescollida e tratamento lixo: 846.838 €
Seguridade e Proteccion civil: 558.000. Deuda Pública:583.313 €
Prazos de aprobación de orzamentos e vontade de diálogo.
Unha vez entregado o borrador de orzamentos aos grupos municipais, o Alcalde recordaba que durante os vindeiros días iniciarase o trámite de negociación, así como o de presentación dos mesmos ás sociedades e asociacións.
Os prazos barallados dende o goberno municipal para poder levar os orzamentos a pleno para a súa aprobación indican que no presente mes espérase chegar a un acordo.
Puentes afirmaba que “esperamos que exista diálogo, e que por encima das siglas dos partidos, poidámonos poñer dacordo para facer realidade os investimentos e cumprir cos intereses dos veciños e veciñas de Fene”.
Con respecto ás declaracións vertidas polo voceiro do BNG, o rexedor socialista asegurou que “lle parecían unha temeridade, por carecer de tempo para analizar o documento económico. O borador foi entregado o sábado, e a postura do grupo nacionalista coñecíase ese mesmo día. O normal é que se o goberno municipal, xunto co equipo económico do Concello, lle dedican catro meses á elaboración deste documento, os destinatarios lles dediquen máis que un par de horas en analizalo”.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006