Fene cidadán

Saltar menú

Concellería de Cultura e Ensino

O XI Concurso de Cartas de Amor pretende acadar este ano o récord de participación

28 de xaneiro de 2010 A iniciativa conta este ano coa colaboración do Parador de Ferrol, que agasallará ao grañador ou gañadora cunha cea romántica e unha noite especial no hotel.

O alcalde afirmaba que este concurso é un bo exemplo de como aproveitar a radio municipal para o fomento da cultura.

O Concurso de Cartas de Amor, organizado polo Concello de Fene a través da súa emisora municipal, chega este ano á súa XI edición co obxectivo principal de bater récords de participación.

Na presentación celebrada esta mañá, o Alcalde destacou que "o día de San Valentín e a temática do amor son o motivo perfecto para estimular o cerebro e a pluma de todas aquelas persoas que queiran participar neste concurso".

Recordaba tamén Puentes a súa experiencia en edicións anteriores como membro do xurado, destacando que “un sorpréndese do nivel e da capacidade literaria de persoas que na maioría dos casos non se dedican a escribir profesionalmente. Dende o Concello parécenos un acerto poder premiar esta destreza, e é precisamente no premio onde entra en xogo a labor de Paradores”.

Pola súa banda, o director do Parador de Ferrol, Héctor Carril, quixo agradecer "o feito de que se contase coas instalacións que el dirixe para unha iniciativa tan orixinal. Nos tempos da comunicación, nos que cada vez contamos com máis medios, parece que nos cimunicamos peor, por iso aplaudimos esta oportunidade que se dá dende Radiofusión e o Concello para darnos conta do importante que é saber dicir quérote con elegancia e orixinalidade".

Será no Parador de Ferrol onde o gañador ou gañadora terá a oportunidade de disfrutar dunha cea romántica e unha noite de hotel especial. Este ano, ademáis, existe a posibilidade de facelo en habitación doble ou en dúas habitacións individuais.

O responsable de Radiofusión, Henrique Sanfiz, fixo un pequeno anecdotario das distintas edicións do concurso, dende as cartas chegadas de lugares tan dispares como New York ou Libia (escritas por galegos emigrados), ata cartas gañadoras que máis que amor falaban de desamor.

O fallo do concurso darase a coñecer o vindeiro día dos namorados, e a composición do xurado realizarase o día 2 de febreiro, día da Candelaria que, "segundo o saber popular, é o día no que casan os paxaros e, polo tanto, día do amor tamén".

As persoas interesadas en participar deberán enviar a Radiofusión (Casa do Concello. 15500 Fene, A Coruña) ou a caixa de correo direccion@radiofusion.eu unha declaración de amor, en prosa ou en verso que non exceda dun folio mecanografiado a dobre espazo. Tamén se admitirán cartas redactadas a man, sempre que sexan intelixibles.

As cartas de amor enviaránse baixo plica e terán que estar en poder de Radiofusión antes do 11 de febreiro inclusive. Con anterioridade a esa data darase a coñecer a composición do xurado.

As declaracións deberán de estar redactadas en lingua galega.

 


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información