Fene cidadán

Saltar menú

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Quédate coa música, ven a Fene!

3 de decembro de 2008

Nace Quédate coa música, ven a Fene!, iniciativa da Concellería de Promoción Económica do Concello de Fene para dinamizar os establecementos feneses e proxectar socialmente aos grupos e artistas locais.

Quédate coa música, ven a Fene!

Quédate coa música, ven a Fene! súmase as campañas de promoción do comercio local para favorecer o consumo na localidad que se estan a desenvolver pola Concellería de Promoción Económica.

Isto é, o sorteo de 5 lotes de Nadal entre todas aquelas persoas que merquen nos establecementos asociados de Fene e a campaña “O Comercio dá vida a túa rúa” consistente na colocación de pasarrúas do slogan O Comercio da Vida a túa Rúa¡¡¡¡¡ nas rúas de Fene, reparto de pegatinas felicitando o Nadal por parte do Concello e do comercio de Fene e un servizo de ludoteca os días 22, 23, 24, 29, e 30 de decembro para que as nais e os pais poidan deixar as súas crianzas mentres fan as súas mercas nos establecementos do Concello de Fene.

Con base nisto, desde a concellería ofrécese a oportunidade de gozar da nosa música en Fene, apoiando a difusión e creación cultural con concertos que se realizarán a partir das 22:00 horas, do 5 de decembro e até o 30 de xaneiro do 2009 nos nosos locais;

Concertos para pasar o inverno

Venres 5 decembro: Membrillo Fanegas en Las Vegas

Sábado 6 decembro: Estimaba que viñeras na Sociedade Liga Amigos

Venres 12 decembro: Julian Ross no Ababol

Venres 19 decembro: De Bosses no Chámalle X

Sábado 20 decembro: Rockaway na Sociedade C.M.I. de Fene

Continuará en xaneiro

Venres 9 xaneiro: Roger de Flor presentará o seu último disco “Naturalidade Silvestre” na Sociedade Agarimo

Venres 16 xaneiro: Habitación 92 no Son de Cociña

Sábado 17 xaneiro: Txispunk na Sociedade Círculo de Perlío

Venres 23 xaneiro: Bronze no Enxebre

Venres 30 xaneiro: Julian Ross en Casa Ardá

Así que, xa sabes, se queres pasar un bo rato nos nosos locais...

Quédate coa música, ven a Fene!


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información